segunda-feira, 16 de outubro de 2017

PALABRA DA SEMANA

16 - 20 de Outubro.



sexta-feira, 6 de outubro de 2017

PORTAL DAS PALABRAS

Outro ano máis vén o merlo Merlán, traendo no seu bico unha palabra que nos deixará… 

E onde? alguén preguntará, pois nas portas do noso cole cada semana. 

E é que este merlo lieiro sempre se acorda de nós primeiro, dos nenos e nenas de Aguiño, ai! que merlo máis feitiño!


Desfruta das verbas que ha escoller este noso merlo con moita rapidez, para encher os nosos días de curiosidade, sabedoría e moita, moita… alegría!


Esta é a primeira palabra que nos deixa:


CLUBE DE LECTURA: A SEÑORITA BUBBLE





Empezamos outubro co primeiro clube de lectura do curso, nesta ocasión o libro escollido está publicado pola Editorial Xerais e escrito e ilustrado por Ledicia Costas e Andrés Meixide respectivamente.


A señorita Bubble


A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.


EN QUE DATAS SERÁN AS XUNTANZAS? 




A QUE HORA TEMOS AS XUNTANZAS?



COMO ORGANIZAMOS A LECTURA?


Agardamos que os integrantes do clube desfruten con esta lectura!!

quinta-feira, 5 de outubro de 2017

2 de OUTUBRO: SORPRESA NA BIBLIO!!!

A semana pasada os nenos e nenas de 6º de educación primaria, que este curso son os "Axudantes de Biblioteca" entregaron en tódalas aulas do centro una invitación, que nos emprazaba a ir á biblioteca o luns 2 de outubro.





E cando chegamos alí os axudantes de Honorata, a mascota da nosa biblioteca, estaban preparados para explicarnos o que ía acontecer de seguido.




Coa comunidade dos pequenos e 1º de educación primaria, os axudantes de biblioteca tiñan preparada unha busca do tesouro na que había que atopar a Honorata que estaba agochada na biblioteca. Unha vez que a atoparon os axudantes de Honorata meteron a nosa mascota na máquina transformadora e...



... apareceu Honorata!!! 


Para rematar a actividade Honorata presentou o proxecto deste curso: LÚAS: ciencia comprometida, ciencia transformadora e leu o conto: A que sabe a lúa.




Coas comunidades de medianos e maiores, non fixeron a busca do tesouro, senón que os axudantes de biblioteca presentáronse facendo pareados cos seus nomes e invitaron aos seus compañeiros/as a que tamén se presentasen facendo pareados.



A continuación Honorata presentou o proxecto e propuxo que escribisen a súa historia, posto que Honorata so sabía que vivía na biblioteca e non se lembraba de cómo chegara, como era a súa vida antes,... con todas as historias que se recollan os axudantes de biblioteca serán os encargados de escoller a que consideren que cumpre todos os requisitos para convertirse na historia de Honorata.

Así que agardamos que todos e todas individualmente e/ou en grupos vos animedes a presentar a vosa historia.


E para rematar a actividade Honorata agasallounos coa súa comida favorita, queixo, e tiña preparado un prato con anacos de queixo para cada grupo e tamén nos agasallou cun autocolante do proxecto:


O equipo de biblioteca agradece a felicita a todo o alumnado de 6º pola deseño, organización e celebración desta fermosa actividade na que fixeron partícipes a todos/as os/as nenos/as do cole.

PROXECTO LÚAS

Comenzamos o mes de outubro e a nosa biblioteca empeza a súa actividade, o mellor xeito de comezar o curso é presentándovos o proyecto deste ano:

LÚAS: CIENCIA COMPROMETIDA, 
CIENCIA TRANSFORMADORA


Que ilustramos con esta obra de Luis Seoane, titulada Mar picado porque ...

- ... é dun artista galego.
- ... a lúa está situado nun espazo central.
- ... aparece o mar, que se relaciona cos mares da lúa, e o mar do ADN do noso entorno.
- ... é unha das obras interpretadas nunha das paredes da escola.
- ... é un mar axitado, vivo...como a ciencia comprometida e transformadora.
- ... se presta a ser descrito a través dos cinco sentidos.
- ... fala do mar, do noso mar galego... onde hai que reinvindicar a presenza do I+D a nivel científico para  poder cubrir necesidades: pesca respetuosa, conserveiras e novas alternativas, estudo de especies propias, ...



O cartel está acompañado da sensibilidade dos versos da escritora portuguesa Shopia de Mello B. A.

Esperamos que sexa do voso agrado, e que as Lúas sexan as nosas acompañantes neste proxecto que promete unha proveitosa e comprometida travesía.

domingo, 25 de junho de 2017

ÉRIC DOPAZO

O pasado xoves 22 de xuño o equipo de biblioteca organizou no conservatorio de Aguiño un concerto e charla interactiva a cargo do activista transexual Éric Dopazo, co que tentou suscitar nos nenos e nenas unha reflexión ao redor de temas como o machismo, a selección de cores por xéneros, a violencia de xénero, a idea do amor romántico,...





Con esta actividade damos por rematado o curso e pechamos o proxecto Nenúfares no que estivemos enrrolados ao longo do curso; pero que pechemos o proxecto non implica que nos esquenzamos del, xa que todas as experiencias vivida serán difíciles de esquencer e agardamos que formaran parte de nós alá onde estemaos.



Para concluír a xornada no conservatorio, o equipo de biblioteca agasallou aos nenos e nenas de 6º que ao longo de todo o curso colaboraron como axudantes de biblioteca no tempo de recreo. Momento que aproveitamos para despedilos, xa que para o curso que ven empezan a súa andaina no instituto.



O EQUIPO DE BIBLIOTECA AGARDA QUE PASEDES UN BO VERÁN!!!

VÉMONOS EN SETEMBRO!!!!

sexta-feira, 23 de junho de 2017

PALABRAS DA SEMANA

Luns, 19 de xuño.



Martes, 20 de xuño.



Mércores, 21 de xuño.



Xoves, 22 de xuño.



Venres, 23 de xuño.


quarta-feira, 21 de junho de 2017

LECTURAS PARA O VERÁN

Xa a piques de rematar o curso, é tempo de facer unha breve recomendación de lecturas para ter a man e gozar durante o verán, agardamos que sexan do voso agrado.





sábado, 17 de junho de 2017