mércores, 9 de novembro de 2016

15 DE NOVEMBRO: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

         


          Dende o "Recanto de Honorata" o equipo de biblioteca quere convidarvos á Xornada de Portas Abertas que terá lugar na biblioteca o vindeiro martes, 15 de novembro de 2016, de 4 a 6 da tarde. 

            Queremos aproveitar este día para: 
  • Explicarvos o funcionamento e organización da biblioteca.
  • Proxectar a película Tomboy, relacionada co contido do proxecto Nenúfares: Identidade e Diversidade Afectivo-Sexual. É apta para todos os públicos.
          Tomboy recibiu diversos galardóns, entre os que podemos destacar, o premio á mellor           película no Festival Internacional de Cine de Berlín.


Agardamos contar coa vosa presenza. 
Un saúdo do equipo de biblioteca.