sexta-feira, 27 de maio de 2016

PALABRAS DA SEMANA

LUNS 23 DE MAIO.


MARTES 24 DE MAIO.
  

MÉRCORES 25 DE MAIO.



XOVES 26 DE MAIO.


VENRES 27 DE MAIO.


segunda-feira, 23 de maio de 2016

O BIGOTE DE MIMÍ.



Como este ano o autor das letras galegas é Manuel María o equipo de biblioteca organizou unha sesión con Luis Vallecillo e a súa banda, na que nos fixeron unha adaptación musical da obra: O bigote de Mimí.

Aquí vos deixamos unhas fotos deste animado e musical momento:







sábado, 21 de maio de 2016

PALABRAS DA SEMANA

MÉRCORES 18 DE MAIO.


XOVES 19 DE MAIO.



VENRES 20 DE MAIO.


MANUEL MARÍA

Aquí vos deixamos algúns recursos para traballar a obra de Manuel María:

  • Symbaloo Manuel María:


  • Centro de Documentación da AELG :



  • Seminario Galán:


  • Escolma de poemas do CEIP Ponte dos Brozos:



  • Casa museo de Manuel María:

  • Rap de Manuel María:




FEIRA DA EDUCACIÓN

O concello de Ribeira organiza a feira da educación na que se lle da a oportunidade a todolos centros a que expoñan algúns dos traballos, proxectos, actividades,...desenvoltos ao longo do ano.



O noso centro estivo presente e presentou a instalación: SOPA, SOPA,... PASO, na que esta integrada a exposición organizada polo equipo de biblioteca: "Ponte nos seus zapatos", que forma parte do telexornal que integra a instalación.


Tamén estiveron presentes os caracois que xurdiron a partir da asociación que fixeron os nenos e nenas que os relacionaron cos caracois posto que tamén levan a casa ao lombo.




E outras das intervencións artísticas para reflexionar sobre a violencia de xénero foron:

Ata que a morte nos separe:

 


Mulleres desdebuxadas:




PALABRAS DA SEMANA

LUNS 9 DE MAIO.



MARTES 10 DE MAIO.


MÉRCORES 11 DE MAIO.



XOVES 12 DE MAIO.


VENRES 13 DE MAIO.

sábado, 7 de maio de 2016

15 DÍAS EN LESBOS

Como xa sabedes o proxecto deste curso da biblioteca ten como tema central a emigración, e por iso visitou o centro Rubén, o pai de dous alumnos do centro, para contarnos a súa experiencia como voluntario na illa de Lesbos durante 15 días, durante os cales a súa labor consistiu en axudar aos milleiros de refuxiados que chegan cada día á illa escapando das guerras. 

Pero tamén nos contou a historia de outras persoas que desinteresadamente decidiron ir a Lesbos para botar unha man, este é o caso dunha muller, refuxiada cando era unha nena, que deixou a comodidades da súa casa, meteu unhas poucas cousas no coche, no que fai a súa vida, desprazouse ata alí e cada noite fai unha fogueira na praia para orientar aos barcos que navegan na escuridade. Outra historia é a da gañadora dun concurso musical que adicou os cartos do premio a mercar dous camións-cociña que trasladou a Lesbos onde se dedica a cociñar durante todo o día para que todas as persoas que chegan teñan algo que comer.

E como estas, afortunadamente hay milleiros de historias máis de persoas que están botando unha man a esos milleiros de persoas que escapan dos seus países.

Rubén, moitas grazas por compartir a túa experiencia con nós.

Aquí vos deixamos unhas imaxes do momento.









PALABRAS DA SEMANA

LUNS 2 DE MAIO



MARTES 3 DE MAIO



MÉRCORES 4 DE MAIO



XOVES 5 DE MAIO


VENRES 6 DE MAIO




domingo, 1 de maio de 2016

LARUSSI VOLVE AO NOSO CENTRO ...


ONG SOGAPS, visitou o noso centro o pasado 15 de abril, grazas á colaboración do centro de da ANPA. 

Nesta ocasión, o motivo da visita foi unha charla informativa, sobre a situación dos nenos/as no Sahara e sobre o programa "Vacacións en Paz", dirixida ás familias.

Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con vós algunhas imaxes da sesión.






PALABRAS DA SEMANA

LUNS 25 DE ABRIL




MARTES 26 DE ABRIL




MÉRCORES 27 DE ABRIL




XOVES 28 DE ABRIL




VENRES 29 DE ABRIL