domingo, 31 de janeiro de 2016

2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA


O día 2 de febreiro celébrase A Candeloria. Esta data considérase coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. A Candeloria é a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros é o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saen dos portos debido ao mal tempo.

A orixe desta festa é pagá. Era a antiga “festa da luz” , celebrada polos celtas e tamén polos romanos.

En Galicia,no ámbito agrario, celebrábase o “casamento dos paxariños” . Di un refrán que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. Considerábase a esta festa coma “a do amor e do apareamento no reino animal”.


Nalgunhas comarcas,  tamén era considerado o día do encantamento das cobras, pois, entre os labregos, era moi común dicir : “Santa Candeloria me ampare esta cobra”, invocando poder para manter lonxe calquera tipo de serpe.

Hai outro refrán que di: “Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, a metade do inverno está por pasar”.


 Luis Amado Carballo escribiu este fermoso poema titulado “A Candeloria”
 Na catedral do abrente
hoxe casan os paxaros,
con nubes de neve e ouro
está o ceo engalanado.

Ficou o día ancorado
na ría donda do ceo.
Os roibéns soben no lonxe
como rosarios de incienso.

O xantar do casamento,
roibo, na palma da man
das eiras madrugadoras
xa está arranxado no val.

Vai tocando polo campo
a súa zanfona o rego
e canta o vento nas farpas
sonorosas dos piñeiros.

O campo as montañas ruzas
envolve en capa pluvial
co hisopo do sol mollado
dálles a beizón nupcial.

Do casebre nugallán
soben os vivas dos galos
e na festa desta noite
estrea un luar o campo.
               

PALABRAS DA SEMANA

LUNS 25 DE XANEIRO:



MARTES 26 DE XANEIRO;



MÉRCORES 27 DE XANEIRO:



XOVES 28 DE XANEIRO:



VENRES 29 DE XANEIRO:

quinta-feira, 21 de janeiro de 2016

PALABRAS DA SEMANA

LUNS 18 DE XANEIRO:


MARTES 19 DE XANEIRO:


MÉRCORES 20 DE XANEIRO:


XOVES 21 DE XANEIRO:


VENRES 22 DE XANEIRO:


domingo, 17 de janeiro de 2016

CLUBE DE LECTURA DO SEGUNDO TRIMESTRE

O clube de lectura do segundo trimestre comenzará o 25 de xaneiro, nesta ocasión
 o libro escollido é:

OS TRATANTES DE PAPAGAIOS de Leticia Vila Sexto.




¿Que pasaría se alguén fose quen de falar cos animais...?

¿Pero como falan os animais?, ¿que pasaría se fosemos quen de lembrar aquela lingua que quizais algunha vez falamos? Os papagaios, entre outras virtudes, teñen a de dicir palabras, tal fosen humanos.

Velaquí unha historia para facerche entender que a natureza hai que coidala. ¡E coidala moito!

CLUBE DE LECTURA: O ÁLBUM DE GARRINCHA


Este foi o libro escollido para o primeiro clube de lectura que xa rematou, e no que os nenos e nenas de sexto disfrutaron coa súa lectura.

Ao longo das xuntanzas foron investigando sobre diferentes aspectos do libro e con todos os traballos elaborados fixeron un mural que podedes ver na entrada da biblioteca.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes do proceso.










quinta-feira, 14 de janeiro de 2016

PALABRAS DA SEMANA

Estas son as palabras do noso portal das palabras:

O martes:


O mércores:


O xoves:


O venres:


Lembrade que podedes buscalas no portal das palabras, 
o enlace está na marxe esqueda do blogue.

segunda-feira, 11 de janeiro de 2016

PORTAL DAS PALABRAS

Comezamos o ano cunha proposta que desenvolveremos ao longo do curso, titulada: 


PORTAL DAS PALABRAS.

Cada mes vanse traballar palabras cunha temática específica. Arrancaremos o martes 12 de xaneiro con palabras relacionadas coa emigración por ser este o proxecto anual da biblioteca.



 Na porta de infantil está pegada a rata Honorata que será a encargada de presentar a palabra do día.




Nas portas de primaria están pegados dous portais, nun aparecerá a palabra do día en galego e noutro a palabra en inglés.

As palabras poranse  todas as mañás, e o alumnado deberá mirar todos os días as palabras (cando entran pola mañá ou despois do recreo), para logo traballalas na aula e poderase buscar o seu significado na páxina web do "Portal das palabras" (un dicionario en galego da fundación Barrié; na marxe esquerda do blogue podedes acceder a este recurso).