sábado, 29 de novembro de 2014

QUE BEN O PASAN!!!

Aquí vos deixamos unhas imaxes da última sesión do clube de lectura. Polas súas caras parece que lles gustou o libro e a tertulia acompañada de saborosos doces!!!! 


 
 
 

 
Agora soamente queda agardar a que nos visite Ledicia Costas, a autora de Escarlatina a cociñeira defunta publicado por Xerais, e que é o libro escollido para o primeiro clube de lectura do curso.


NON NOS DA CHEGADO O DÍA!!!!!!!!!!!!!

INTALACIÓNS

Ao longo desta semana os corredores e os exteriores do centro convertíronse nunha INSTALACIÓN ARTÍSTICA, que é un xénero de arte contemporánea, na que os artistas normalmente empregan directamente o espazo de exposición e a miúdo o espectador pode interactuar e transitar pola obra.
O motivo deste traballo, que xurdiu do equipo de dinamización da lingua galega e no que participou todo o alumnado do centro, é facer visible e sensibilizarnos sobre a violencia de xénero.
Animávosvos a que pasedes polo centro a visitar a nosa instalación, pero para os que non o poidades facer, aquí vos deixamos algunhas imaxes, de todo o que podedes atopar:

-Exposición de panos de bágoas de desigualdade baseados na obra de Milo Lockett.

-Mulleres con nome propio.

-Exposición de obras de arte de distintos artistas onde aparecen mulleres chorando.

-Panel de reflexión: Que poden significar os panos?

-Obras elaboradas a partir da reflexión de: que hai debaixo do sombreiro dunha persoa que maltrata? Inspiración na obra de Karel Appel “nenos/as preguntando”.


        














 




 



 E o mércores para commemorar o día, xuntámonos todos no patio co noso pano na man, para cantar a canción composta por Daniel, o mestre de música e logo cada neno colocou o seu pano no lugar que quixo.

TOMA O MEU PANO

Sénteste sola e asustada
Ninguén neste mundo comprende o que te pasa
Non es, non es culpable
Pídeme axuda que te botarei un cable

TOMA, TOMA O MEU PANO

NINGUÉN EN NINGURES TE VOLVERÁ
 FACER DANO
Aquí a podedes escoitar:






segunda-feira, 24 de novembro de 2014

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

Neste enlace podedes acceder á páxina das Nacións Unidas e coñecer un pouco máis sobre esta data, ademáis podedes ver un pequeno vídeo no que que a palabra clave é o COMPROMISO DE TODOS NÓS para cambiar o actual guión.
Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer - 25 de noviembre


sexta-feira, 21 de novembro de 2014

3,2,1... XA ESTÁN EN MARCHA!!!

Outro ano máis as mochilas viaxeiras comenzan o seu percorrido por tódolos fogares dos nenos e nenas do centro. 
Como sempre van cargadas de lecturas para grandes e pequenos: música, xogos, manualidades, libros de información, contos,... e tamén atoparedes o caderno de apuntamentos para que anotedes suxestións de mellora, se vós gustou, se o tempo foi suficiente,... Todas estas suxestións sírvennos ao equipo de biblioteca para elaborar as seguintes mochilas, así que agradecemos a vosa colaboración.



Lembrade respectar a data de entrega para que o préstamo se poida desenvolver axeitadamente.  E agardamos que a presenza da mochila viaxeira na vosa casa sexa do voso agrado e permita que todos e todas gocedes co seu contido, que é unha pequena mostra de todo o que podedes atopar na biblioteca.

quinta-feira, 20 de novembro de 2014

20 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS



Na páxina de UNICEF, poderás atopar máis información relacionada con este día.

Algunhas películas relacionadas coa infancia son:
-A lingua das bolboretas.
-Oliver Twist.

A editorial Kalandraka ven de anunciar a próxima publicación do libro "A CIDADE DOS NENOS" de Francesco Tonucci. Traducido ao galego por Mónica Baleirón, Sonia Santos e Rut Vázquez, Limiar do pedagogo Antón Costa e introducción do alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores.
... son moitas as urbes europeas e latinoamericanas que xa se sumaron ao novo xeito de pensar a cidade proposto por Tonucci, entre elas, Pontevedra. Porque unha cidade á medida da infancia redunda nunha maior calidade de vida para todos. 

sexta-feira, 14 de novembro de 2014

HISTORIA DAS MATEMÁTICAS

Máis recursos sobre matemáticas:



Actividade Lim elaborada polo profesorado do CEIP de Rebordáns.





quarta-feira, 12 de novembro de 2014

RECURSOS TEATRO

No Recanto de Mik, da biblioteca Mestres Golgar, teñen unha recompilación de obras de teatro que foron facendo en diferentes cursos, e que agora nos poden servir de fonte de inspiración neste curso no que o teatro vai a formar parte do noso centro.


Preme na imaxe para acceder aos recursos.

O PAPEL DAS MATEMÁTICAS NO MUNDO

Neste vídeo, da man do Pato Donald , podemos comprobar que as matemáticas están presentes onde menos o agardamos.

sábado, 8 de novembro de 2014

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS


Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con todos vós o manifesto escrito polo científico galego Ángel Carracedo con motivo da celebración do Mes da Ciencia, que tamén conmemora a Rede de Bibliotecas de Galicia. 

quinta-feira, 6 de novembro de 2014

CAL É A TÚA?

Navegando pola rede atopamos moitas cousas interesantes, e aquí vos deixamos esta imaxe para reflexionar un pouco sobre as razóns que a cada un ten para empezar a ler un libro e non parar ata que o rematamos.