sexta-feira, 31 de outubro de 2014

O PROXECTO DESTE CURSO É O ....

TEATRO

Por iso xa podedes atopar na biblio o recanto do teatro, no que o equipo de biblioteca expuso algúns fondos.





Poco a pouco irmos contándovos máis cousas do noso proxecto.

segunda-feira, 27 de outubro de 2014

28 de Outubro: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Mañá 28 de outubro de 17 a 18 horas Honorata e os membros do equipo de biblioteca agardamos a visita de todas as familias para que coñezades a biblioteca, o seu funcionamento, o proxecto no que nos embarcaremos este curso,...
Contamos coa vosa asistencia!!!


sexta-feira, 24 de outubro de 2014

24 de Outubro: DÍA DAS BIBLIOTECAS

Con motivo da conmemoración do Días das Bibliotecas escolares, queremos darvos a coñecer GaliciaLe.

Que é? É unha plataforma de libros electrónicos que ten por obxetivo facilitar o acceso a todos os cidadáns á lectura neste formato.

GaliciaLe permite retirar en préstamo obras fundamentais da literatura galega, libros sobre materias diversas (filosofía, cociña,... ) e algunhas das principais novidades editoriais galegas en formato dixital, para poder lelas en: tabletas, teléfonos intelixentes, ordenadores, libros electrónicos,...


Preme na imaxe e accederás ao recurso.

quinta-feira, 23 de outubro de 2014

MAFALDA CUMPRE 50 ANOS


Mafalda, a nena de 6 anos: preguntona, intelixente, irónica, inconformista, preocupada pola paz e os dereitos humanos, que odia a sopa e ama aos Beatles, ... faise maior e cumpre 50 anos de vida, aínda así as súas historias siguen tan vixentes como cando Quino as creou, que podemos gozar en 2o linguas e en numerosos países.

Aquí vos deixamos algunhas das súas viñetas:



Dende o Recuncho de Honorata tamén queremos feliciar a Joaquín Salvador Lavado Tejón "Quino", polo Premio Prícipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.




quarta-feira, 22 de outubro de 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.



Durante os días 20 de outubro e 3 de novembro, podedes desfrutar na biblio do cole do contido da MOCHILA VIAXEIRA PARA AS FAMILIAS, que Asesorías escolares de bibliotecas preparou para compartir con todos aqueles centros que o solicitamos. Aínda que está adicada ás familias o seu contido é moi variado, premendo aquí podedes consultar os fondos que tendes á vosa disposición.

Por outra banda, dado que este ano Biblioteca escolar... matemático!!! é o lema elixido para o cartel da campaña de comezos de curso nas bibliotecas escolares galegas, tamén solicitamos a MALETA VIAXEIRA MATEMÁTICA, para consultar o seu contido, preme aquí.


segunda-feira, 20 de outubro de 2014

XA ESTÁ EN MARCHA!!!!

O pasado luns 13 de outubro tivo lugar na biblioteca do cole a presentación do libro para o primeiro clube de lectura do curso. Nesta ocasión o libro escollido foi:


ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Autora: Ledicia Costas
Ilustrador: Víctor Rivas

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL, 2014

Sinopse:
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan  especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terrorí cos esbirros.
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

quinta-feira, 9 de outubro de 2014

sexta-feira, 3 de outubro de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!!

Coa chegada do mes de outubro a biblio do cole abre as portas para todos e todas os e as que nos queirades visitar. Podedes facelo no seguinte horario:


  • Os nenos e nenas:

Todos os días na hora do recreo.
Nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas, tendo en conta que se son de infantil, 1º ou 2º deberán vir acompañados dun adulto.


  • As familias, adultos,... 
Nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.


Agardamos que nos visitedes ao longo do curso.