quarta-feira, 26 de fevereiro de 2014

ASÍ CELEBRAMOS ...

O día de Rosalía no cole, xuntámonos na biblio para ver esta presentación sobre a vida de Rosalía feita polo mestre Daniel Rodríguez.



E despois cantamos todos xuntos a adaptación do CANTAR 1 de "Cantares Gallegos" feita por Najla Shami.









quinta-feira, 20 de fevereiro de 2014

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA




Recursos para empregar na aula:

BIBLIOGRAFÍA sobre Rosalía de Castro elaborada por: Peques no cole. (preme na imaxe)


ACTIVIDADE LIM para o 1º e 2º ciclo, elaborada por 3 mestras do noso centro. (preme na imaxe)
 UNIDADE DIDÁCTICA para o 3º Ciclo elaborada por Xesús Pacoret Balsa e que se pode atopar no Espazo didáctico da AELG. (preme na imaxe)


quarta-feira, 12 de fevereiro de 2014

IMOS POLO BO CAMIÑO?

Ao final do curso pasado pasamos dúas enquisas ao alumnado:

-Unha na que tiñan que valorar o FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA, recursos, hábitos lectores dos alumnos/as... de cara a introducir melloras, cambios,... 
E despois de revisalas todas aquí están os resultados reflexados en diferentes gráficas.


Gústache ir á biblioteca do teu centro from bibliotecadeaguinho

- E coa outra perseguimos analizar a HORA DE LER, e estás son as conclusións que sacamos a partir das respostas dos nenos e nenas:
  • A meirande parte das rapazas e rapaces gústalles a hora de ler e consideran que lles axuda a mellorar o seu nivel de competencia lectora. A unha porcentaxe lixeiramente menor parécelle suficiente o tempo destinado a esta actividade.
  • En xeral consideran que o profesorado respecta o tempo dedicado á lectura.
  • A maioría das rapazas e rapaces enquistados afirmaron elixir libremente o que len durante o tempo de lectura. En canto aos gustos, o cómic e a ficción son os xéneros preferidos. Tamén lles gustan os libros de divulgación, pero en menor medida.
  • Só algunhas das lecturas que ofrece a biblioteca satisfacen os gustos do noso alumnado. Neste sentido, gustaríalles dispor de máis cómics, revistas e novelas de ficción. A poesía e os libros de divulgación semella que non les interesan tanto.
  • A maior parte das/os enquistados varían a forma de ler en cada unha das sesión, pero un terzo delas/es afirman que sempre len do mesmo xeito.
  • As rapazas e rapaces consideran que leron moitos libros, sendo o número superior a 10 ou preto de 10 exemplares.
  • A división dos/as enquistados/as respecto ao grado de concentración durante o tempo de lectura e bastante homoxénea, considerando o ruído ou as lecturas aburridas como os principais responsables da falta de concentración. A este respecto, o alumnado considera moi necesario reducir o nivel de ruído durante o tempo de lectura, e aumentaría  e/ou renovarían os fondos bibliográficos dispoñibles. Ademais incrementarían o tempo que dedicamos a esta actividade.a Ademáis de analizar o funciona

TRABALLOS SOBRE A PAZ

Con motivo da commemoración do Día da Paz, o equipo de biblioteca propuxo a todo o alumnado que elaborase pequenas investigacións e traballos sobre Nelson Mandela, Ghandi e sobre a Paz en xeral. Todos eles os podedes ver expostos na biblioteca e nos corredores do centro.




 


 










Ademáis na entrada do centro podedes visitar unha exposición que encabezamos cun poema de Rafael Dieste.
Está formada por 9 carteis  e leva por título 9 RETOS: A SOLIDARIDADE É O COMPROMISO CO FUTURO MÁIS HUMANO, e que Educación sin Fronteras puxo a nosa disposición. (na súa páxina web podedes ver os carteis con máis detalle).
Esta serie de 9 carteis serve para reflexionar na aula sobre a realidade que nos rodea, analizar inxustizas e as desigualdades existentes e concienciar sobre a necesidade de xerar un cambio social baseado na solidaridade entre os pobos e pesoas.


 

 

 

  

  

segunda-feira, 10 de fevereiro de 2014

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA



Con motivo da celebración do día da candeloria, o equipo de normalización e dinamización da lingua galega propuxo traballar nas aulas con este poema que o poeta Manuel Curros Enríquez adicou a Rosalía de Castro.

E aproveitando o seu verso: E NO BICO UN CANTAR, entre todos os nenos e nenas decoraron un paxariño e no seu bico lle colocaron unha palabra de amor, paz,... E este é o resultado



 

quinta-feira, 6 de fevereiro de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN

 Como o día 30 de xaneiro foi o día da ilustración, dende o equipo de biblioteca decidimos agasallar a todos os nenos/as con un marcapáxinas.

 

CALENDARIO PROFESIONAL DO LIBRO E DA LECTURA 2014

Este é o Calendario profesional do libro e da lectura 2014, elaborado entre a Asociación Galega de Editores e pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co que pretende promocionar o libro e a lectura.
Preme na imaxe.

http://axendaaelg.blogaliza.org/2014/01/31/calendario-profesional-do-libro-e-da-lectura-2014/

ACTIVIDADE LIM

Preme na imaxe, e poderás coñecer máis cousas sobre o comic a través desta actividade lim elaborada polo Ceip de Chans Bembrive. Grazas por compartir o voso traballo.

segunda-feira, 3 de fevereiro de 2014

DÍA DA PAZ

Para commemorar este día xuntámonos todos na biblioteca e cantamos a canción do grupo Migallas: "CAMPÁS POLA PAZ"





E tamén a canción de Victor Manuel e Ana Belén. "La muralla", que ensaiamos co profe de música.


Aquí estamos en plena actuación: