sábado, 30 de novembro de 2013

CANCIÓN PARA MALALA

Outra das actividades relacionadas con Malala foi a composición por parte de Daniel, o profe de música, da seguinte canción.

E esta é a letra:
MALALA

Á TÚA ESCOLA EN PAKISTÁN
NON CHE DEIXABAN ENTRAR
POR CONTARLLE A TODO O MUNDO
O QUE ALÍ ESTABA A PASAR

PERO TI FOSTES VALENTE
NON DEIXASTE DE FALAR
NIN CON TIROS DE PISTOLAS
CHE POIDERON CALAR

MALALA, MALALA
GRAZAS POR DEFENDERNOS
MALALA, MALALA
A VOZ DOS MÁIS PEQUENOS

No seguinte enlace a podedes escoitar:


Agardamos que vos animedes a cantala.

25 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano a proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a partir da seguinte noticia publicada no xornal La voz de Galicia


Fixemos unha exposición na que cada neno/a fixo un bocadillo de comic sen palabras, simbolizando as voces apagadas que teñen moitos nenos e en especial as nenas, é dicir, simbolizando o silencio. 


 







E ademáis todos os nenos e nenas que o desexaron puideron escribir mensaxes e colocalo no espazo de viñetas interactivas.

  

  

  

  

 

quinta-feira, 28 de novembro de 2013

OLLOS DE AULA


Na columna esquerda do blogue engadimos un novo enlace de interese, trátase da revista "OLLOS DE AULA. Revista para as familias do alumnado" que se encarga de elaborar mensualmente a Coordinadora Galega de equipos de normalización e dinamización lingüística, e na que abordan diferentes temáticas de actualidade e interese para todos e en particular para as familias.


Aquí vos deixamos o último exemplar, pero podedes consultar os anteriores premendo na marxe esquerda en Ollos de aula. Agardamos que vos sirvan de axuda, vos permitan reflexionar,...

PARABÉNS PARA FINA CASALDERREY!!!

Dende o Recanto de Honorata queremos darlle a noraboa a Fina Casalderrey por esta nova etapa que empeza como nova académica da Real Academia Galega.



quarta-feira, 20 de novembro de 2013

ONDE VIVEN AS PALABRAS?

Seguro que lembrades que unha das propostas para commemorar o día das bibliotecas escolares era elaborar un libro xigante no que cada neno/a servíndose dun bocadillo de comic respostaría á pregunta:
ONDE VIVEN AS PALABRAS?

E este é o resultado.


 

 





 



 








 



sábado, 9 de novembro de 2013

O CLUBE DE LECTURA ESTÁ EN MARCHA!!!

Xa está en marcha o primeiro clube de lectura para este curso, o libro escollido foi:

CHAMÁDEME SIMBAD
Ilustracións de Manuel Cráneo
Editorial Galaxia



Seguro que todos os lectores están gozando con esta lectura.

Sinopse:
Conta Paulo, un rapaz de dez anos, que o seu pai chega do traballo e segue pendente do móbil; o avó padece alzhéimer e non recoñece ás veces nin ao seu fillo e a nai di que a van volver tola entre todos. O avó é, sen embargo, o seu amigo, co que xoga na casa a que el é o Capitán dos Sete Mares e o neto, Simbad. 
Pero todo cambia un domingo que despertan e o avó non está na casa. Por máis que o buscan, pasado un mes a policía renuncia a encontralo. 
Entón empeza a súa gran aventurar, un día no que o carteiro lle trae unha carata do Capitán dos Sete Mares dirixida a Simbad....