quinta-feira, 23 de maio de 2013

MENUDA SORPRESA!!!!

Carlos Mosteiro, o autor que veu a visitar aos nenos e nenas que participaron no clube de lectura, fíxonos chegar outro libro seu asinado.

O DÍA QUE MIGUEL INDURÁIN PASOU POR GONDERANDE




MOITAS GRAZAS CARLOS!!!!

TRABALLOS SOBRE A AUGA

O curso está chegando ao seu fin e con el os últimos traballos sobre a auga que están expostos na biblioteca:

-Sobre o ciclo da auga.


 -Algúns consellos para aforrar auga.




ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Con motivo do día das Letras Galegas organizamos varias cousas entre o equipo de biblioteca e o de dinamización lingüística:
-Unha exposición con información sobre a súa vida e obra, na biblioteca e no corredor.











 -Exposición commemorativa do 50 aniversario da celebración das letras galegas, con carteis de diferentes autores homenaxeados.


 -A "CONGA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO", para iso os nenos e nenas viñeron cun sombreiro da casa e no cole pintamos un nariz vermello e un bigote. Como o tempo non acompañou fixemos a conga polo corredor do centro.

 

  

   

  

  

   

sexta-feira, 10 de maio de 2013

17 DE MAIO: LETRAS GALEGAS.



Este ano o autor homenaxeado é:

Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia, fundou varios grupos de teatro nos que participou como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios.


Aquí tedes algúns recursos que poden ser de utilidade para procurar información, traballar nas aulas, xogar na casa,...



  • No CEIP Frian Teis elaboraron este xogo. Preme aquí.
          
  • Telexornal elaborado polo CPI dos Dices de Rois.



  • Presentación do IES Concepción Arenal

         
  • Actividades elaboradas polo Ceip Francisco Vales Villamarín.
         


  • Guia didáctica elaborada polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.
       
  • Lim de Roberto Vidal Bolaño elaborado polo CEIP ADR Castelao de Rianxo.
Dende o Recanto de Honorata agradecemos e felicitamos a todos os que elaboraron estes recursos, moitas grazas!!!

quinta-feira, 2 de maio de 2013

QUE GUSTO DA VELOS LER !!!!

Aquí tedes algúns dos padriños cos seus afillados lectores.
A verdade e que son unhas imaxes ben fermosas!!!