quarta-feira, 24 de outubro de 2012

UNHA BOA NOVA !!!!!

A Fundación Luís Tilve acaba de fallar os seus PREMIOS 2012.

Entre eles atópase o PREMIO ACCIóN SOLIDARIA ao PROXECTO BUBISHER


Un proxecto co que teñen moito que ver as bibliotecas escolares, que o curso pasado participamos mercando álbumes para enviar a ese bus e esas bibliotecas que se foron creando nos campamentos de refuxiados. Un proxecto ao que estamos ligadas as bibliotecas escolares galegas e que nos enche de orgullo.

Os nosos parabén para todos/as os que fan posible este traballo.

DECÁLOGO

Os/as compañeiros de BIBLIOCERVO  para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, elaboraron un decálogo para agasallar ás familias, sobre os dereitos das nenas e nenos a escoitar contos, que están sacados dun manifesto publicado en Venezuela polos anos 70.

 Nós ao igual que eles desexamos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar cando menos de todos eles.

Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con vós una parte do seu traballo e aproveitamos para saudar e felicitar a Bibliocervo.




INSPIRACIÓN ...

Para inspirar as nosas lecturas organizamos unha exposición de láminas de obras de arte nas que aparecen mulleres lendo, en diferentes lugares, ...



O Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO,  convidou a todo o alumnado a participar na actividade:

ONDE LES TI?
ONDE TE GUSTARÍA LER?

Cada neno/a tiña que escribir nunha tarxeta a resposta a cada pregunta, botándolle toda a imaxinación que quisexen para decoralas.

Con todas elas fixemos una exposición no pasillo. Agardamos que vos guste.



segunda-feira, 22 de outubro de 2012

QUENTANDO MOTORES

O clube de lectura empeza a funcionar.
Xa temos nome:

O MAR DA LECTURA



E mascota:
ROBILIBRO


domingo, 21 de outubro de 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No Recuncho de Honorata, organizamos unhas xornadas de portas abertas ás que convidamos a todas as familias a que nos visiten. 
O día e data serán o martes 23 de outubro ás 17 horas.


Ademáis para celebrar este día co alumnado, temos organizadas ao longo de toda a semana varias visitas guiadas á Biblioteca Municipal de Ribeira, para coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento,...

BENVIDOS/AS !!!!!!


O equipo de biblioteca quixemos darlle a benvida ás familias dos nenos e nenas que empezaron este ano en 4º de educación infantil, para o cal organizamos unha pequena reunión para informalas de todos os servizos que ofrecemos e aproveitamos para entregarlle o BOLETÍN INFORMATIVO: 

PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS

Nel ofrecemos algúns consellos para que os nenos/as desenvolvan o gusto pola lectura dende pequenos, suxerimos unha serie de sinxelas actividades para facer na casa,... 
Agardamos que sexa proveitoso para todos eles.