quinta-feira, 20 de dezembro de 2012

E CHEGOU AO SEU FIN...


Coa chegada do Nadal o noso primeiro clube de lectura chega ao seu fin, e polas caras dos participantes parece que desfrutaton desta lectura conxunta.
Na última xuntanza obsequiamos a todos e todas as participante cun diploma, e que agardamos que sexa o primeiro de moitos máis...
Aquí vos deixamos unhas fotos.




sábado, 24 de novembro de 2012

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES



       

         

            

     

        

       

    E Hora De Durmires, Meu Amor

   

ESTO É O QUE DIN AS ESTATÍSTICAS SOBRE O MALTRATO

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTA A MULLER


A TÚA VOZ CONTA.
Que é a violencia conta as mulleres? Calquera tipo de discriminación.
E ti, que cres?

quarta-feira, 7 de novembro de 2012

EMPEZAMOS A VIAXAR ...

 As mochilas viaxeiras empezaron a súa andaina, dende agora ata final de curso achegarán un anaquiño da nosa biblioteca a todas as familas.
Pensamos que é unha bo xeito de compartir lecturas en familias e agardamos que sexa do voso agrado.
Lembrade anotar no caderno de apuntamentos todo o que consideredes.


quarta-feira, 24 de outubro de 2012

UNHA BOA NOVA !!!!!

A Fundación Luís Tilve acaba de fallar os seus PREMIOS 2012.

Entre eles atópase o PREMIO ACCIóN SOLIDARIA ao PROXECTO BUBISHER


Un proxecto co que teñen moito que ver as bibliotecas escolares, que o curso pasado participamos mercando álbumes para enviar a ese bus e esas bibliotecas que se foron creando nos campamentos de refuxiados. Un proxecto ao que estamos ligadas as bibliotecas escolares galegas e que nos enche de orgullo.

Os nosos parabén para todos/as os que fan posible este traballo.

DECÁLOGO

Os/as compañeiros de BIBLIOCERVO  para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS, elaboraron un decálogo para agasallar ás familias, sobre os dereitos das nenas e nenos a escoitar contos, que están sacados dun manifesto publicado en Venezuela polos anos 70.

 Nós ao igual que eles desexamos que todos os nenos e nenas poidan disfrutar cando menos de todos eles.

Dende o Recanto de Honorata queremos compartir con vós una parte do seu traballo e aproveitamos para saudar e felicitar a Bibliocervo.




INSPIRACIÓN ...

Para inspirar as nosas lecturas organizamos unha exposición de láminas de obras de arte nas que aparecen mulleres lendo, en diferentes lugares, ...



O Equipo de Biblioteca, con motivo da celebración do DÍA DAS BIBLIOTECAS - 24 DE OUTUBRO,  convidou a todo o alumnado a participar na actividade:

ONDE LES TI?
ONDE TE GUSTARÍA LER?

Cada neno/a tiña que escribir nunha tarxeta a resposta a cada pregunta, botándolle toda a imaxinación que quisexen para decoralas.

Con todas elas fixemos una exposición no pasillo. Agardamos que vos guste.



segunda-feira, 22 de outubro de 2012

QUENTANDO MOTORES

O clube de lectura empeza a funcionar.
Xa temos nome:

O MAR DA LECTURA



E mascota:
ROBILIBRO


domingo, 21 de outubro de 2012

24 OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

No Recuncho de Honorata, organizamos unhas xornadas de portas abertas ás que convidamos a todas as familias a que nos visiten. 
O día e data serán o martes 23 de outubro ás 17 horas.


Ademáis para celebrar este día co alumnado, temos organizadas ao longo de toda a semana varias visitas guiadas á Biblioteca Municipal de Ribeira, para coñecer as súas instalacións, o seu funcionamento,...

BENVIDOS/AS !!!!!!


O equipo de biblioteca quixemos darlle a benvida ás familias dos nenos e nenas que empezaron este ano en 4º de educación infantil, para o cal organizamos unha pequena reunión para informalas de todos os servizos que ofrecemos e aproveitamos para entregarlle o BOLETÍN INFORMATIVO: 

PAIS E NAIS LEN COS SEUS FILLOS E FILLAS

Nel ofrecemos algúns consellos para que os nenos/as desenvolvan o gusto pola lectura dende pequenos, suxerimos unha serie de sinxelas actividades para facer na casa,... 
Agardamos que sexa proveitoso para todos eles.

sexta-feira, 28 de setembro de 2012

TOC TOC !!!!

NON FAI FALLA PETAR ... 
A PORTA ESTÁ ABERTA.

Ilustración de André Letria

A partir do luns 1 de outubro a biblioteca do CEIP de Aguiño volve a abrir as súas portas para a consulta de fondos, busca de información na rede, préstamo de libros,...

O HORARIO é o seguinte:
- Para os nenos/as: durante os recreos e nas tardes dos luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
- Para os maiores: os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.

Recordade que os nenos de infantil e do primeiro ciclo que queiran vir á biblioteca polas tardes deberán vir acompañados dun adulto.

Esperamos a vosa visita e lembrade que milleiros de aventuras vos están agardando.

CLUBE DE LECTURA

A partir do vindeiro 1 de outubro un grupo de nenos e nenas de 6º de educación primaria participarán no primeiro CLUBE DE LECTURA que organizamos no centro, o libro escollido para esta andaina é TERROR EN WINNIPEG.


Agardamos que a experiencia agrade a todos os participantes, e que sexa o inicio de moitas máis lecturas.

quarta-feira, 19 de setembro de 2012

BIBLIOTECA ESCOLAR, ACELERADOR DE INNOVACIÓN



Este é o cartel que edita a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, co gallo da celebración do mes da biblioteca escolar (outubro) e do Día da Biblioteca (24 de outubro). Nesta ocasión, a ilustración correspondeu ao creador galego Andrés Meixide,  que vén sumarse así aos ilustradores que teñen colaborado con esta consellería no obxectivo de difundir as posibilidades da biblioteca escolar ( Manuel Mariño, Miguelanxo Prado, Marina Seoane, Emma Ríos).

quinta-feira, 21 de junho de 2012

ESTE VERÁN BÓTALLE CONTO


LER NON É CLANDESTINO

O IES Chano Piñeiro presenta ...


Dende o Recuncho de Honorata os nosos parabéns.

quarta-feira, 13 de junho de 2012

XOSÉ NEIRA VILAS



O escritor Xosé Neira Vilas, achegouse onte a  Ribeira, para a inauguración da exposición Querido Balbino, 1961-2011, coa que se conmemora o medio século da súa publicación  de Memorias dun neno labrego.


Neira Vilas asinou un bo número de exemplares, entre os que se atopaban algúns da nosa biblioteca, momento que quixemos retratar e que nos comprace compartir con todos vós.

quarta-feira, 30 de maio de 2012

AGRADECEMENTO BUBISHER




A asociación Escritores polo Sahara - Bubisher, agradece con esta carta a nosa colaboración no seu proxecto.


quarta-feira, 16 de maio de 2012

UN POUCO DE MÚSICA

Rapaces e rapazas do CEIP de Barrantes de Tomiño (Pontevedra) gravaron unha biografía cantada de Valentín Paz-Andrade. O título da canción, “Oitenta e nove mil primaveras”, é unha homenaxe implícita aos 89 anos de vida do autor homenaxeado e tamén ao epitafio de Cunqueiro.
Os nosos parabéns.
Oitenta e nove mil primaveras(para Paz Andrade)

domingo, 13 de maio de 2012

ENLACES DE INTERESE - LETRAS GALEGAS 2012


  • VIDEO DA TVG

http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/valentin-paz-andrade/dia-das-letras-galegas-2012-homenaxe-a-paz-andrade-en-eirado-2#.T6_Ukut1C4p


  • SEMINARIO GALÁN: actividades, fotos, bibliografía.
http://seminariogalan.org/inicio


  • COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: materiais didácticos, para saber máis, bibliografía, videoteca, fonoteca, actividades nos centros,...

http://www.coordinadoraendl.org/letras2012/index.html

VALENTÍN PAZ ANDRADE - LETRAS GALEGAS 2012

Avogado, xornalista, poeta, home de empresa e persoa vencellada á política galeguista, personalidade multifacética, Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1899 - Vigo 1987) fixo de Galicia a súa tarefa.
Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1921) e participou na creación en Vigo do xornal Galicia (1922), do que foi director.
En Vigo exerce a avogacía, facéndose cargo do asesoramento da Sociedade de Armadores de Bouzas (1927) e colaborando nas revista Indutrias Pesqueras. Durante a Segundo República participa nas iniciativas galeguistas, sendo un dos catro membros do Seminario de Estudos Galegos que en 1931 redactou o anteproxecto de Estatuto de Galiza. Tras o alzamento militar foi desterrado a Verín, onde comenzou a escribir poemas en galego. Foi un dos fundadores de Pescanova (1960) e da Feira Mundial da Pesca de Vigo (1973). 
Paz Andrade foi nomeado membro da Real Academia Galega e senador pola provincia de Pontevedra como independente da Candidatura Democrática Galega.



Máis información sobre Valentín Paz Andrade no seguinte enderezo
Telexornal sobre Valentín Paz Andrade elaborado polo CPI dos Dices, os nosos parabéns dende o Recuncho de Honorata

QUE SERÁ SERÁ...?

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega  propón unha nova adiviña
Sabes a solución?

segunda-feira, 23 de abril de 2012

terça-feira, 17 de abril de 2012

RECURSOS

1º ciclo. Actividades LIM sobre o día do libro infantil e Andersen.
Preme AQUÍ


2º ciclo. Caza do tesouro sobre o día do libro.
Preme AQUÍ


3º ciclo. Miniquest sobre as orixes do día do libro
Preme AQUÍ

domingo, 15 de abril de 2012

EN ABRIL LIBROS MIL

O mes de abril é o mes dos libros, nel conmemoramos dúas datas importantes para o mundo da lectura: o Día internacional do libro infantil e xuvenil (2 de abril) e o Día mundial do libro (23 de abril).

Para conmemorar estas datas, o equipo de apoio ao PLAMBE, organizou o venres 13 de abril dúas sesións de animación a lectura na biblioteca do cole, co contacontos Inacio Vilariño.

Estas sesións están pensadas para acercar un pouco máis ao noso alumnadoao mundo da literatura, dos contos, da fantasía, da creatividade...

Inacio adícase ás artes escénicas e dirixe a compañía Fantoches Baj coa que ten representado, entre outras, Tío Miseria, unha versión teatral dun conto popular do que tamén publicou a adaptación para os lectores de Infantil Tío Miseria (publicada por Baía no 2008)

A súa admiración pola cultura popular refléxase non só no eido investigador senón tamén no creativo, sobre todo na literatura dramática, pois mereceu o VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos no ano 2009 coa obra Auga que non vas beber..., e no 2010 o VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade infantil con Fábula galénica (Baía Edicións/Xunta de Galicia, 2011)




SABOROSO, SABOROSO,...

Dende o Ceip de Aguiño convidamos aos outros centros Arce a que cociñen algunhas das nosas receitas máis tradicionais, que clasificamos en función da época do ano na que esteamos.
Dende o Recuncho de Honorata, tamén vos queremos convidar a que provedes algunha.

BO PROVEITO!

segunda-feira, 9 de abril de 2012

ADIVIÑA ADIVIÑA

O equipo de dinamización da lingua galega propón unha nova adiviña, que coma
sempre podedes atopar na biblioteca.


Que será?

PARA BOTAR A SORTES

Aquí vos presentamos algunhas das cancións de sorte que empregan os nosos nenos e nenas nos seus xogos.Esta recompilación foi compartida cos centros ARCE.
View more PowerPoint from pintorpet

sábado, 31 de março de 2012

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix) e a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI) propoñen este ano a posta en marcha de actividades de bookcrossing, que consiste en deixar libros en lugares públicos para que os recollan outros lectores, que despois farán o mesmo.

O manifesto pola lectura deste ano, escrito polo poeta, dramaturgo, narrador, editor e ensaísta mexicano Francisco Hinojosa baixo o título Había unha vez un conto que contaba o mundo enteiro, será lido o 2 de abril en bibliotecas de todo o mundo.

Preme AQUÍ e poderás ler o manifesto en diferentes linguas.