quarta-feira, 27 de abril de 2011

NOVAS

A partir de hoxe podedes visitar a biblioteca todos os días no tempo de recreo e os luns, mércores e xoves de 16 a 18 horas.
Para que podedes vir? Para consultar libros, buscar información en enciclopedias ou en internet, pasar un rato agradable lendo unha fermosa historia, emprestar un libro, un xogo, una peli,...
Quen pode vir? Todos os nenos e nenas do cole e as súas familias, lembrade que os máis pequenos teñen que vir acompañados dalgunha persoa adulta,

Agardámoste a ti e a túa familia.

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

Coincidindo coa celebración do día do libro no Ceip de Aguiño aproveitamos para inaugurar a nosa nova biblioteca.
Contamos coa presenza da nosa mascota a Rata Honorata e o seu amigo o frautista Bautista que fixeron as delicias dos máis pequenos coas súas historias.

Tamén quixo estar neste día tan especial o escritor aguiñense Unai González que nos animou a gozar deste novo espazo e nos agasallou con exemplares das súas obras para a nosa biblioteca.

Ao rematar este acto a ANPA convidounos a un petisco.

Dende aquí damos as grazas a todos e todas os que participaron neste día tan especial.

sexta-feira, 22 de abril de 2011

APERTURA DA BIBLIOTECA

Despois dun duro traballo no que non puidemos ofrecer o servizo de Biblioteca ao noso alumnado e familias O VINDEIRO MÉRCORES 27 DE ABRIL, PODEREMOS GOZAR DO NOVO RECANTO DE HONORATA.

Agardamos a vosa visita

23 de ABRIL: DÍA DO LIBRO


Que mellor xeito de celebralo que coa canción LIBRO MÁXICO do disco
¡Canta Connosco! de Migallas.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

"O libro lembra”. Este é o título do texto da escritora estonia Aino Pervik que serve para conmemorar a data do nacemento de Hans Christian Andersen, o 2 de abril, e que desde hai xa anos (1967), a IBBY (International Board on Books for Young people) promove como Día Internacional do Libro Infantil, co fin de estimular a creación e difusión de libros de calidade para nen@s e moz@s, e promover a lectura entre a xente máis nova.