sexta-feira, 28 de maio de 2010

ENTRE O 1 E O 11 DE XUÑO
PODES DEIXAR O TEU CARNET
NA URNA QUE ESTARÁ COLOCADA NA ENTRADA DA BIBLIOTECA
NON TES ESQUENZAS, PORQUE ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA CHE ESTÁ AGARDADO.

UN SAÚDO DE HONORATA



AVISOS:

O VINDEIRO LUNS 31 DE MAIO REMATA O PRAZO PARA ENTREGAR O BIBLIOCONCURSO E CONSEGUIR ASÍ O ÚLTIMO SELO DESTE CURSO.

XA REMATOU O PRAZO PARA ENTREGAR TÓDOLOS LIBROS QUE TIÑADES EN PRÉSTAMO NA CASA, PERO SE ALGUÉN SE LLE ESQUENCEU ALGÚN, PODE DARLLO O SEU TITOR/A, PARA QUE LLO FAGA CHEGAR A ALGÚN RESPONSABLE DA BIBLIOTECA.

DURANTE O MES DE XUÑO A BIBLIOTECA ESTARÁ PECHADA PARA FACILITAR ASÍ O CAMBIO DE FONDOS DA ACTUAL BIBLIOTECA PARA A NOVA.

DESCULPADE AS MOLESTIAS
UN SAÚDO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.

domingo, 16 de maio de 2010



PREME AQUI, para poder visualizar o díptico informativo elaborado pola coordinadora galega de normalización.
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS




SE O PASADO É PASADO

SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

quinta-feira, 6 de maio de 2010

BIBLOXOGO DAS LETRAS GALEGAS

Xa está rematando o curso e Honorata, a nosa mascota da biblioteca, anímate a que te achegues á biblio para conseguir un selo máis para o teu carné.

E como non podía ser doutro xeito, xa que estamos no mes das LETRAS GALEGAS, UXÍO NOVONEYRA e algunhas das súas obras son o eixo sobro o que xira esté biblioxogo.

Ademáis dos libros que podedes atopar na biblioteca, para cubrilos tamén podedes botar unha ollada na marxe esquerda no apartado: recursos na rede, no que se atopa un enlace que nos leva directamente a varios recursos: vídeos, música, xogos, información,... sobre o autor homenaxeado.

Agardo que vos guste, e pasade pola biblioteca para participar. De todos xeitos, por se lle queredes botar unha ollada, deseguido aparecen tódolos biblioxogos.

E recordade que podedes participar tod@s dende educación infantil ata 6º de educación primaria.

Un saúdo de Honorata.


EDUCACIÓN INFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO
OS POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA MUSICADOS

No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

Novoneyra, Uxío (1981): Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

quarta-feira, 5 de maio de 2010

MES DE MAIO: O MES DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor homenaxeado é

UXÍO NOVONEYRA

Poeta galego nacido en Parada de Moreda, Courel. Fillo dunha familia de labradores, a súa terra natal será o principal referente físico dos seus versos. En 1955 comeza a súa aventura poética con Os eidos, cós que comeza un ciclo que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade na que exerceu o seu cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en 1999.
Outros libros seus son, Libro do Courel (1981), Poemas caligráficos (1979), Muller pra lonxe (1987), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988), Poemas de doada certeza (1994) y Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1998).