domingo, 25 de abril de 2010

E TI, PARA QUE LES?

As razón que argumentamos cada un de nós para ler son moitas e diferentes ...

A biblioteca propuxo sumarnos a esta iniciativa, de xeito que tódolos nen@s do cole contestaron á pregunta, "E ti, para que les?" E fixemos un gran mural no que se misturaban as nosas respostas coas dalgunhas persoas coñecidas do mundo do deporte, da política, da literatura,...




XANDRE, XENIA E XISTRA
ILUSTRAN O DÍA DO LIBRO


para commemorar este día recibimos un agasallo
de parte do
Equipo de Innovación en Normalización Lingüística:
un autocolante, que tamén se pode usar como marcapáxinas.

LEERESTADEMODA.COM,
preséntanos un TREBELLO REVOLUCINARIO

segunda-feira, 19 de abril de 2010

PARA GOZAR COAS LETRAS NESTES DÍAS DE LIBROS


CARTEL DA XORNADA MUNDIAL DO LIBRO
E DOS DEREITOS DE AUTOR
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

POR QUÉ?


CAZA DO TESOURO



sexta-feira, 16 de abril de 2010

RIMANDO ............ ANDO

Aproveitando que, como xa sabedes, o 21 de maio foi o DÍA DA POESÍA, os nen@s de 5 anos A, traballaron as rimas, baseándose nos versos de Ana Mª Fernández, e como resultado de tan laborioso traballo elaboraron 3 libros de rimas, e que vos poñemos deseguido.

Noraboa por tan bonito traballo.

AS RIMAS DOS NOSOS NOMES

POLAS RÚAS DE AGUIÑO ....

UN ANO EN DOCE RIMAS

quinta-feira, 15 de abril de 2010

O CONTACONTOS MARIO TOMÁS E OS SEUS TÍTERES VISITAN O COLE

Continuando con esas actividades pensadas para celebrar o Día do libro Infantil e Xuvenil, o mércores 14 visitounos Mario Tomás acompañado dalgúns dos seus títeres e fíxonos pasar un momento moi divertido tanto a pequenos coma a grandes, por iso a continuación vos poñemos unha pequena reportaxe do evento.

Gracias Mario Tomás polos teus contos.

12 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Con motivo desta celebración dende o equipo de biblioteca quixemos facer algo especial, por iso as 12:00 algúns nen@s de 6º fixeron a lectura do manifesto






























E despois cada padriño/madriña ou grupo de padriños/madriñas pasaron polas aulas de infantil, 1º e 2º a recoller @s afillad@s para contarlle un conto.


quinta-feira, 8 de abril de 2010

NO MES DE ABRIL, LIBROS MIL.

Durante este mes o libros están de celebración xa que o 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (que este ano se trasladou ó 12 de abril), e o 23 de abril e o Día do libro e do dereito de autor.

Cartel do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que edita a IBBY (International Board on Books for young people) e ten como lema:

Un libro espera por ti; búscao!

Este ano Noemí Villamuza e Eliacer Cansino son os autores da ilustración e do texto, respectivamente. Podes ler o tríptico nas catro linguas oficiais. Na páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) atoparás as actividades programadas por este organismo para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, ás que nós nos quixemos unir facendo a lectura do MANIFESTO o día 12, coa colaboración dos nen@s de 6º.
Pero a cousa non queda ahí imos a levar a cabo o 1º APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR, que consiste en que os nen@s do segundo e terceiro ciclo de educación primaria van a lerlle un conto, ben en grupo ou individualmente, a un grupo de nen@s de educación infantil e do primeiro ciclo.

O mércores 14, visitará o colexio o CONTACONTOS MARIO TOMÁS, que de seguro nos sorprenderá a tod@s cunha representación de títeres.

E remataremos a semana, coa asistencia o venres 16 a unha actuación-musical do GRUPO MAMÁ CABRA.

Esperamos que desfrutedes con todas estas actividades, e estade atent@s porque estamos organizando algunha cousiña máis.