quarta-feira, 24 de março de 2010

O COLEXIO ÉNCHESE DE POESÍA

Rematamos a mesa da POETISA, feita por
todo o alumnado do Ceip de Aguiño.
"As cartas que nunca enviei, as cartas que nunca recibin".




E colgamos poesías por todo o colexio, ata nos lugares nos que menos pensades...






domingo, 21 de março de 2010

21 de MARZO: DÍA DA POESÍA

Cada 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración foi impulsada pola UNESCO no ano 2000 co obxetivo de recoñecer as actividades poéticas que se fan nos diferentes países e promover a poesía como unha forma de cultura esencial.

Desde esta organización considérase que o mundo contemporáneo ten necesidades, no terreo da estética, que a poesía pode cubrir sempre e cando se recoñeza o seu papel social. Por este motivo, era necesario crear un día específico que servira para amosar a importancia da poesía á opinión pública.

E dende o equipo de biblioteca queremos aportar un pequeno gran de area, polo que elaboramos este boletín informativo, no que só recomendamos lecturas poéticas, tanto para os máis pequenos coma para os adultos.



Agardamos que vos guste.

sábado, 13 de março de 2010

HONORATA PROPONVOS UN NOVO BIBLIOCONCURSO



Ola amigos e amigas da biblioteca do Ceip de Aguiño!
Aquí estou de novo para animarvos a que participedes nun novo biblioxogo que o equipo de biblioteca ten preparado para todos e todas.

Sobre que tes que investigar?
Sobre a cidade asolagada que se di que está no fondo da lagoa de Carregal.

Cando podes vir?
Durante todo o mes de marzo de lunsa xoves de 17 a 18h.
Lembrade que os nenos e nenas de E.I. e os do 1º ciclo de Primaria terán que vir cun adulto que lles axude a investigar para atopar a solución ás miñas preguntas.

Onde entregarás o cuestionario?
Na biblioteca ou ao teu titor/a, xunto co teu carnet, unha vez correxido, devolverémoscho con un novo selo.

AGARDO A TÚA VISITA NA BIBLIOTECA.
HONORATA

sábado, 6 de março de 2010

SEMANA DA PRENSA

Do 8 ao 12 de marzo os centros escolares temos unha cita coa prensa. Durante esta semana preténdese achegar ao alumnado a este medio de comunicación, que pode ser un moi bo recurso para o fomento da lectura, unha boa canle de información,...

Na marxe esquerda engadimos un enlace directo á páxina KIOSKO.NET, que nos ofrece diariamente o acceso a prensa de todo o mundo.

De seguido ofrecémosvos unha serie recursos, materiais, cadernos de traballo,... elaborados por outras bibliotecas escolares, e que se centran no traballo para a educación documental sobre a prensa. Dende aquí dámoslle as grazas e felicitámolos por compartir o seu traballo.

O RECANTO DE MIK, elaborou o seguinte CADERNO DE INVESTIGACIÓN: "Investiga con Mik Holmes sobre a prensa dixital"



No CEP DR. FLEMING, o equipo de biblioteca deseñou as seguintes actividades lim para traballar coa prensa.


PREME AQUÍ, para acceder as actividades

E tamén un caderno de traballo para facer unhas actividades escritas sobre a prensa.

quinta-feira, 4 de março de 2010

ALGUNS RECURSOS COEDUCATIVOS

UNIDADE DIDÁCTICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA DO STEG








IMOS A MEDIAS, é outra unidade didáctica para o segundo e terceiro ciclo de educación primaria que tamén nos ofrece o STEG


FUNDACIÓN MULLERES: FÓRMULAS PARA A IGUALDADE
Esta fundación ofrécenos a todo o profesorado un "maletín" de coeducación:
"MALETÍN =a2"



INTERMON OXFAN
Ofrécenos unha serie de unidades didácticas e actividades dirixidas ós mestr@s e alumn@s do primeiro, segundo e terceiro ciclo de educación primaria.










A FAMILIA BEEE "COMPARTE AS TAREFAS"
ACTILUDIS, ofrécenos un xogo educativo adicado a nenos e nenas de todas as idades, pero especialmente pensado para a educación infantil.
A Familia Beee, é unha familia de catro simpáticas ovellas que ás que hai que axudar para que fagan diferentes tarefas domésticas.