segunda-feira, 20 de dezembro de 2010

quinta-feira, 2 de dezembro de 2010

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este ano unímonos a este día co lema:
RADIOGRAFÍATE: Diagnostica os teus valores


Dia Internacional contra a violencia de xénero 2010 from trafegandoronseis on Vimeo.






PREME AQUÍ PARA ACCEDER Á ACTIVIDADE

GRAZAS AO CEIP DE ANDRADE

sábado, 13 de novembro de 2010

Charo do I.E.S Sánchez Cantón, nos relaciona e explica as múltiples posibilidades da Biblioteca Escolar.

A BIBLIOTECA ESCOLAR:
UN MUNDO DE OPORTUNIDADES

Este ano a encargada de ilustrar o lema proposto foi Marina Seoane, unha ilustradora nacida en Madrid pero asentada xa hai tempo en Galicia, membro de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).

segunda-feira, 25 de outubro de 2010

TEMPO DE OUTONO, TEMPO DO SAMAÍN

Ofrecémosvos algúns recursos para poder desfrutar do Samaín:

- PINGOTAS DA CASALONGA, actividade LIM
- OUTONO E SAMAÍN, actividade LIM elaborada pola mestra Belén Junquera
- XOGO PARA TALLAR UNHA CABAZA

No Recanto de Mic, páxina da biblioteca do Mestre Goldar atoparedes máis recursos

quinta-feira, 24 de junho de 2010

IR Á BIBLIOTECA TEN PREMIO!!!!!!

Remata o curso, a biblioteca pecha as súas portas ata setembro pero non sen antes repartir os agasallos para aqueles nenos e nenas que encheron o carnet do biblioxogo cos seus 9 selos e tamén para os e as que nos visitaron os martes de 17 a 18h. para levar libros en préstamo.

A todos eles e elas NORABOA! esperamos que o vindeiro curso non perdan ese costume e que outros moitos e moitas o imiten.


CONTO COOPERATIVO

AO LONGO DE PARTE DO CURSO CADA AULA CONTRIBUI Á ELABORACIÓN DESTE FERMOSO CONTO QUE EMPEZA NA LAGOA DE VIXÁN, PERO COMO REMATARÁ .... ESTADE BEN ATENTOS ÁS IMAXES

segunda-feira, 21 de junho de 2010

BITÁCORA PARA FAMILIAS LECTORAS

O BLOGUE CARACOLATOLA da biblioteca do CEIP Alexandre Bóveda, achéganos estas recomendación para favorecer os hábitos lectores dos nosos pequenos.
Grazas.

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

EN HOMENAXE A JOSÉ SARAMAGO

A FLOR MÁIS GRANDE DO MUNDO

sábado, 5 de junho de 2010

PARA REFLEXIONAR,
AGORA QUE SE ACHEGA O VERÁN

sexta-feira, 28 de maio de 2010

ENTRE O 1 E O 11 DE XUÑO
PODES DEIXAR O TEU CARNET
NA URNA QUE ESTARÁ COLOCADA NA ENTRADA DA BIBLIOTECA
NON TES ESQUENZAS, PORQUE ALGUNHA QUE OUTRA SORPRESA CHE ESTÁ AGARDADO.

UN SAÚDO DE HONORATA



AVISOS:

O VINDEIRO LUNS 31 DE MAIO REMATA O PRAZO PARA ENTREGAR O BIBLIOCONCURSO E CONSEGUIR ASÍ O ÚLTIMO SELO DESTE CURSO.

XA REMATOU O PRAZO PARA ENTREGAR TÓDOLOS LIBROS QUE TIÑADES EN PRÉSTAMO NA CASA, PERO SE ALGUÉN SE LLE ESQUENCEU ALGÚN, PODE DARLLO O SEU TITOR/A, PARA QUE LLO FAGA CHEGAR A ALGÚN RESPONSABLE DA BIBLIOTECA.

DURANTE O MES DE XUÑO A BIBLIOTECA ESTARÁ PECHADA PARA FACILITAR ASÍ O CAMBIO DE FONDOS DA ACTUAL BIBLIOTECA PARA A NOVA.

DESCULPADE AS MOLESTIAS
UN SAÚDO DO EQUIPO DE BIBLIOTECA.

domingo, 16 de maio de 2010



PREME AQUI, para poder visualizar o díptico informativo elaborado pola coordinadora galega de normalización.
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS




SE O PASADO É PASADO

SE o pasado é pasado
i o presente é o urgente
por qué inda busca a xente
aquil soño clausurado?

Vido visto ben Santiago
i esa cuestión non resolta
fago camiño de volta
camiño de volta fago.

Camiño de volta fago
volvo do cabo do Mundo.
Terra sólo en ti me fundo:
é a certeza que trago.

quinta-feira, 6 de maio de 2010

BIBLOXOGO DAS LETRAS GALEGAS

Xa está rematando o curso e Honorata, a nosa mascota da biblioteca, anímate a que te achegues á biblio para conseguir un selo máis para o teu carné.

E como non podía ser doutro xeito, xa que estamos no mes das LETRAS GALEGAS, UXÍO NOVONEYRA e algunhas das súas obras son o eixo sobro o que xira esté biblioxogo.

Ademáis dos libros que podedes atopar na biblioteca, para cubrilos tamén podedes botar unha ollada na marxe esquerda no apartado: recursos na rede, no que se atopa un enlace que nos leva directamente a varios recursos: vídeos, música, xogos, información,... sobre o autor homenaxeado.

Agardo que vos guste, e pasade pola biblioteca para participar. De todos xeitos, por se lle queredes botar unha ollada, deseguido aparecen tódolos biblioxogos.

E recordade que podedes participar tod@s dende educación infantil ata 6º de educación primaria.

Un saúdo de Honorata.


EDUCACIÓN INFANTIL

1º CICLO

2º CICLO

3º CICLO
OS POEMAS DE UXÍO NOVONEYRA MUSICADOS

No bicarelo do bico do brelo
canta o paxariño.
No mesmiño
bicarelo do bico do brelo.

Novoneyra, Uxío (1981): Os Eidos. Libro do Courel (Vigo: Edicións Xerais de Galicia)

quarta-feira, 5 de maio de 2010

MES DE MAIO: O MES DAS LETRAS GALEGAS

Este ano o autor homenaxeado é

UXÍO NOVONEYRA

Poeta galego nacido en Parada de Moreda, Courel. Fillo dunha familia de labradores, a súa terra natal será o principal referente físico dos seus versos. En 1955 comeza a súa aventura poética con Os eidos, cós que comeza un ciclo que retomará con Os eidos 2. Letanía de Galicia e outros poemas (1974). No ano 1983 afíncase definitivamente en Santiago, cidade na que exerceu o seu cargo de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ata a súa morte en 1999.
Outros libros seus son, Libro do Courel (1981), Poemas caligráficos (1979), Muller pra lonxe (1987), Do Courel a Compostela 1956-1986 (1988), Poemas de doada certeza (1994) y Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas (1998).

domingo, 25 de abril de 2010

E TI, PARA QUE LES?

As razón que argumentamos cada un de nós para ler son moitas e diferentes ...

A biblioteca propuxo sumarnos a esta iniciativa, de xeito que tódolos nen@s do cole contestaron á pregunta, "E ti, para que les?" E fixemos un gran mural no que se misturaban as nosas respostas coas dalgunhas persoas coñecidas do mundo do deporte, da política, da literatura,...




XANDRE, XENIA E XISTRA
ILUSTRAN O DÍA DO LIBRO


para commemorar este día recibimos un agasallo
de parte do
Equipo de Innovación en Normalización Lingüística:
un autocolante, que tamén se pode usar como marcapáxinas.

LEERESTADEMODA.COM,
preséntanos un TREBELLO REVOLUCINARIO

segunda-feira, 19 de abril de 2010

PARA GOZAR COAS LETRAS NESTES DÍAS DE LIBROS


CARTEL DA XORNADA MUNDIAL DO LIBRO
E DOS DEREITOS DE AUTOR
23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

POR QUÉ?


CAZA DO TESOURO



sexta-feira, 16 de abril de 2010

RIMANDO ............ ANDO

Aproveitando que, como xa sabedes, o 21 de maio foi o DÍA DA POESÍA, os nen@s de 5 anos A, traballaron as rimas, baseándose nos versos de Ana Mª Fernández, e como resultado de tan laborioso traballo elaboraron 3 libros de rimas, e que vos poñemos deseguido.

Noraboa por tan bonito traballo.

AS RIMAS DOS NOSOS NOMES

POLAS RÚAS DE AGUIÑO ....

UN ANO EN DOCE RIMAS

quinta-feira, 15 de abril de 2010

O CONTACONTOS MARIO TOMÁS E OS SEUS TÍTERES VISITAN O COLE

Continuando con esas actividades pensadas para celebrar o Día do libro Infantil e Xuvenil, o mércores 14 visitounos Mario Tomás acompañado dalgúns dos seus títeres e fíxonos pasar un momento moi divertido tanto a pequenos coma a grandes, por iso a continuación vos poñemos unha pequena reportaxe do evento.

Gracias Mario Tomás polos teus contos.

12 DE ABRIL DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Con motivo desta celebración dende o equipo de biblioteca quixemos facer algo especial, por iso as 12:00 algúns nen@s de 6º fixeron a lectura do manifesto






























E despois cada padriño/madriña ou grupo de padriños/madriñas pasaron polas aulas de infantil, 1º e 2º a recoller @s afillad@s para contarlle un conto.


quinta-feira, 8 de abril de 2010

NO MES DE ABRIL, LIBROS MIL.

Durante este mes o libros están de celebración xa que o 2 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (que este ano se trasladou ó 12 de abril), e o 23 de abril e o Día do libro e do dereito de autor.

Cartel do Día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que edita a IBBY (International Board on Books for young people) e ten como lema:

Un libro espera por ti; búscao!

Este ano Noemí Villamuza e Eliacer Cansino son os autores da ilustración e do texto, respectivamente. Podes ler o tríptico nas catro linguas oficiais. Na páxina da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) atoparás as actividades programadas por este organismo para a celebración do Día Internacional do Libro Infantil, ás que nós nos quixemos unir facendo a lectura do MANIFESTO o día 12, coa colaboración dos nen@s de 6º.
Pero a cousa non queda ahí imos a levar a cabo o 1º APADRIÑAMENTO/AMADRIÑAMENTO LECTOR, que consiste en que os nen@s do segundo e terceiro ciclo de educación primaria van a lerlle un conto, ben en grupo ou individualmente, a un grupo de nen@s de educación infantil e do primeiro ciclo.

O mércores 14, visitará o colexio o CONTACONTOS MARIO TOMÁS, que de seguro nos sorprenderá a tod@s cunha representación de títeres.

E remataremos a semana, coa asistencia o venres 16 a unha actuación-musical do GRUPO MAMÁ CABRA.

Esperamos que desfrutedes con todas estas actividades, e estade atent@s porque estamos organizando algunha cousiña máis.