xoves, 22 de outubro de 2009

24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA



Coa celebración do Día da Biblioteca, o vindeiro 24 de outubro, búscase achegar o mundo das bibliotecas á sociedade en xeral e dar así a coñecer os recursos que estas teñen e a súa potencialidade como centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe ao servizo dun ensino de calidade.

O Equipo de Biblioteca, en colaboración cos equipos de Normalización Lingüística e Medio Ambiente, queren sumarse a esta conmemoración facendo entrega a todo o alumnado dun autocolante que co lema “Lendo reciclaste” pretende animar a todos os nenos e nenas deste centro a visitar a biblioteca tanto en horario escolar acompañados dos seus titores/as como en horario extraescolar as tardes dos luns, mércores e xoves lembrando que unha das funcións da biblioteca é ser espazo de lecturas como nos recorda o cartel realizado por Miguelanxo Prado para a conmemoración deste día e que está na entrada da biblioteca.