segunda-feira, 15 de dezembro de 2008

Nova edición do Biblioxogo

A rata Honorata proponvos participar no mes de decembro no seu xogo. Só tendes que encher os ocos no relato que aparece na parte inferior. Se non sabes algunha das palabras podes consultar as pistas na biblioteca do cole de luns a xoves de 17h. a 18h. (lembra que de 16h. a 17h. hai actividades de animación á lectura).

BIBLIOxogo Do Mar

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

Amadriña/apadriña unha palabra

Seguindo as propostas do equipo de Normalización Lingüística os nenos e nenas do noso centro elaboraron poemas visuais dentro do proxecto "Amadriña/apadriña unha palabra"


"A cremalleira viaxeira"












"Palabras e pingas"


"Cara onde imos"


Neste proxecto tamén participan outros colexios galegos. Podes ver os poemas que van mandando no blogue do equipo de innovación

quinta-feira, 13 de novembro de 2008

Semana do medo

Coincidindo coas datas do Samaín os equipos de Normalización Lingüística e Biblioteca do noso Ceip propuxeron levar a cabo, nos distintos ciclos, actividades de animación á lectura en torno aos contos de medo.
Así pois ambientouse a biblioteca con siluetas de bruxas, pantasmas, esqueletes,... e se levaron a cabo sesións de contacontos.
As mestras de E. Infantil organizaron ademáis as seguintes actividades para todo o alumnado de E.I.

representación do conto "Gato Guille e os monstros" na biblioteca



actividades no EDI con personaxes e escenarios propios dos contos de medo



"contos ás escuras" no que se contaba o conto "Onde viven os monstros" con axuda dunha caixiña con luz na que se ían sucedendo as esceas do conto



"arte de medo" no obradoiro de Artística



Se queredes saber máis destas actividades visitade os blogues das distintas aulas de E.I.

quarta-feira, 12 de novembro de 2008

Os nenos e nenas de 1º ciclo van ao teatro

Hai uns días os nenos e nenas do 1º ciclo de E.P. asistiron a unha sesión de animación á lectura no Auditorio de Ribeira.




A Editorial Galaxia puxo en marcha unha campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar a través dunha representación teatral axeitada á idade dos cativos de entre 6 e 7 anos de idade. Ademais da posta en escena de Flis-fli-ris-flás entregouselle a todo o alumnado do primeiro ciclo de primaria, un conto baseado na obra, cunha serie de propostas lúdicas para ofrecerlles aos pais e cun CD interactivo con recursos de apoio e actividades.

quinta-feira, 30 de outubro de 2008

Indo para o Samaín

Achégase a data da festa do Samaín e dende a biblioteca do noso Ceip, a rata Honorata quérevos recomendar algúns libros para ler nesta noite máxica onde antigamente se cría que os mortos podían volver ao mundo dos vivos e levalos cando eles.

Se non tendes medo atrevédevos con estes títulos:

E. Infantil:
Este é o medo . Oli/Pepe Carreiro. Ed. Ir Indo
Ada non ten medo. Isabel Córdova/Chata Lucini. Ed. S.M.



E.P. 1ºCiclo:
Un pesadelo no meu armario.Mercer Mayer. Ed. Kalandraka
A pantasma da torre. Lourdes Maceiras. Ed. Xerais
O castelo de irás e non tornarás. A.R. Almodóvar. Ed. Algaida



E.P. 2º Ciclo
Unha pantasma branca.Ed. Everest Galicia
Kika superbruxa no castelo de Drácula. Knister. Ed.Bruño


E.P.3º Ciclo
No molesteis a los difuntos. Ed. Libsa
Libro das viaxes e dos soños. Eusebio Lourenzo. Ed. Vía Láctea


Todos eles están a túa disposición na biblioteca.

Se queredes saber máis sobre a orixe do Samaín preme aquí:
orixe do Samaín



quarta-feira, 15 de outubro de 2008

Hoxe comenzamos cun novo blogue

Este ano poñemos en marcha o blogue da biblioteca do Ceip de Aguiño. Queremos que sexa un punto de información de todo canto acontece no noso Ceip en torno ao mundo dos libros e da información. Un dos nosos obxectivos é propoñervos lecturas axeitadas segundo ás idades , informarvos das actividades de animación á lectura que fagamos no centro e recomendarvos outras que se fagan na comarca do Barbanza.
Agardámosvos os martes de 17h. a 18h. para realizar préstamos de libros e outros materiais da nosa biblio e lembramosvos que a biblioteca está aberta todas as tardes (excepto os venres) de 16h. a 17h. para actividades de animación á lectura e de 17h. a 18h. para tarefas de consulta, lectura,....