segunda-feira, 22 de janeiro de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

22 - 26 de Xaneiro


sexta-feira, 19 de janeiro de 2018

AMPLIACIÓN DO HORARIO DE APERTURA DA BIBLIOTECA


O horario de apertura quedará do seguinte xeito:

  • Luns: de 9 a 10 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
  • Martes: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 5 da tarde.
  • Mércores: de 9 a 11 da mañá e de 4 a 6 da tarde.
  • Todas as tardes dos xoves de 4 a 6 e as mañás do xoves, de 9 a 10 horas, nas seguintes datas: 25 de xaneiro, 8 e 22 de febreiro, 8 e 22 de marzo, 5 e 19 de abril e, finalmente, o 3 e o 31 de maio.
  • Venres: de 9 a 11 da mañá. A biblioteca abrirá tamén as tardes do venres, de 4 a 5 da tarde mais, polo de agora, só nas seguintes datas: o 2 e o 16 de febreiro, así como o 9 de marzo. 

En nome de toda a Comunidade Educativa do CEIP Heroínas de Sálvora, agradecemos a colaboración de todas as familias que coa súa axuda e dispoñibilidade posibilitan esta ampliación.

quarta-feira, 17 de janeiro de 2018

LÚAS: RECURSOS

https://www.surlatoile.com/WomenInScience/product/mujeres-en-ciencia-diy/ 
 
XOGO DE CARTAS 
MULLERES NA CIENCIA  
(PREME NA IMAXE PARA DESCARGALO)

segunda-feira, 15 de janeiro de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

15 -19  de Xaneiro



sexta-feira, 12 de janeiro de 2018

CLUBE DE LECTURA: MAREA NEGRA

Empezamos xaneiro e o equipo de biblioteca xa está preparando o segundo clube de lectura do curso. 

Nesta ocasión o libro escollido está publicado pola Editorial Anaya, escrito por Ana Alonso e ilustrado por Jordi Vila Delclòs.



Julieta viaxou dende Arxentina para encontrar as súas raíces nun pobo da costa galega. Pero a única persoa que pode axudala deixou de falar fai moitos anos, a raíz da catástrofe do Prestixe. Trátase de Anxo, o avó de Román. Julieta e Román descubrirán detalles fascinantes acerca dos seus antergos a través dos obxetos que Anxo pon no seu camiño e  tratarán de axudarlle a recuperar a voz. 


DATAS DAS XUNTANZAS: 

22 de Xaneiro.
5 e 26 de Febreiro.
5 de Marzo.

HORARIO DAS XUNTANZAS:

De 16 a 17 horas.

segunda-feira, 8 de janeiro de 2018

CIENTÍFICA DA SEMANA

8 - 12 de Xaneiro


PORTAL DAS PALABRAS 2º TRIMESTRE

Ao longo deste trimestre, no noso particular "Portal das Palabras" imos a botar man de nomes propios, os de mulleres científicas que ao longo da historia contribuíron coa súa labor ao progreo da Ciencia. Poderían ser moitas máis xa que, aínda que menos coñecidas que os seus homólogos masculinos, son bastantes as figuras femeninas que conseguiron superar barreiras para lograr os seus obxectivos. 
 
Este listado foi elaborado cronolóxicamente,dende a primeira muller científica da que se ten constancia ata algunhas que ainda están en activo.